Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das santas Compañas.
Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol,
levantarei as chamas deste lume queasemella ó do inferno e fuxirán
as meigas a cabalo dassúas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixarde
queimarse no augoardente quedando así purificadas.
E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa almae de todo embruxamento.
Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume, a vós fago esta chamada:
Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigosque estean fóra,
participen con nós desta queimada.
compositores: Jesus Maria Hernandez Gil, Juan Carlos Marin Lopez
Você é fã de Mägo De Oz? Gosta da letra da música?
Compartilhe com seus amigos.